Coincidindo coa chegada da segunda edición do Caderno didáctico para nenos e nenas "O artista nas aulas e os nenos ao Museo" alegrámonos de contarvos que o caderno traspasou as fronteiras da nosa Provincia e chegou ás mans dos "Trasnos de Guláns" do CEIP Feliciano Barrera de Ponteareas. Moitas grazas Trasnos!
O noso caderno "O artista na aula e os nenos e nenas ao Museo" volve a traspasar fronteiras, damos a benvida ao CEIP do Foxo na Estrada (Pontevedra) e ao CEIP Plurilingüe de Pedrouzos en Brión (A Coruña). Calquera mestre que o quera levar a cabo nas súas aulas pode pedilo de balde no CEFORE de Ourense ou directamente á Fundación Xaime Quesada
Comments