Despois da grande acollida por parte dos docentes de infantil de Ourense que esgotou a primeira edición alegrámonos de comunicar que en breve teremos a segunda edición á disposición dos colexios que os tiñan reservados e para os que aínda estean interesados en levalos ás súas aulas. Esta segunda edición foi posible grazas ao apoio económico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura Consellería de Cultura Educación e da propia Fundación Xaime Quesada Blanco.
Desde a Fundación damos ás GRAZAS aos docentes que xa están traballando co caderno: CEIP Xoaquin Lorenzo de Bande CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense CEIP Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense CRA Amencer de Ribadavia CPR Colexio Miraflores - Fundación Arenales Ourense de Pereiro de Aguiar Moitas GRAZAS polo seu interese e paciencia os Colexios que xa o teñen reservados e que os poderán recoller en breve: CPR l COLEGIO CONCEPCION ARENAL CPR Plurilingüe , Colegio Carmelitas Ourense CEIP Carlos Cid Arregui, Rairiz de Veiga. E por suposto á Secretaría Xeral de Cultura da Conselleria de educación Román Rodríguez, C. Cultura, Educación e O.Universitaria o noso agradecemento polo seu apoio e colaboración.
3 de novembro de 2015
Artigo de La Voz de Galicia que coincide coa segunda edición do caderno didáctico para nenos e nenas de Infantil que apoia o tratamento da figura do artista cos requerimentos didácticos que marca o curriculo desta etapa. Moitas grazas aos colexios que xa o están traballando e lembrar que calquera centro que o quera realizar nas súas aulas pode solicitalo de balde ao CEFORE de Ourense
Comments