top of page
Foto del escritorFundacion XQB

Visita ao Pazo de Vilamarín

Actualizado: 7 nov 2018

Co gallo da realización do Caderno didáctico para nenos de Infantil “O artista nas aulas e os nenos ao museo” sobre a vida e a obra do pintor ourensán Xaime Quessada, o Colexio Concepción Arenal visitará o día 30 de Xaneiro o Pazo de Vilamarín para coñecer in situ as obras do xenial artista. Este caderno foi publicado pola Fundación Xaime Quesada Blanco coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e estase traballando en 14 centros da provincia de Ourense e noutras localidades de Galicia, Ribadavia,Crecente, Ponteareas, A Estrada, Brión… A visita foi organizada polo colexio Concepción Arenal que traballa o caderno en todos os niveis do segundo ciclo de Educación Infantil.




Está pensada coma un acto familiar na que país, nais, alumnos e profesores podan disfrutar xunto coa autora do caderno e responsables da Fundación dunha tarde de arte en compañía de Quessada.



O sábado 30 de xaneiro o Pazo de Vilamarín encheuse de nenos expertos na vida e na obra de Xaime Quessada. Despois de realizar o caderno didáctico para nenos de infantil publicado pola Secretaría Xeral de Cultura. Cultura galega - Xunta de Galicia en colaboración coa nosa Fundación, visitaron o Pazo acompañados dos seus pais e mestras. Conseguiron así que se cumprira un dos obxectivos principais que nos propuxemos á hora de crear este caderno: conseguir unha acción educativa comunitaria, que englobara a todos os membros da comunidade escolar e que fora unha porta aberta a toda a sociedade. Moitas grazas aos pais e nais, ás mestras que o traballan nas aulas e sobre todo aos nenos e nenas pola súa atención, o seu esforzo e a súa alegría.

8 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page