Visita do CRA Amencer

A Fundación agradece o interese e a visita dos nenos e e nenas do C.R.A Amecer de Ribadavia que realizaron onte ó Pazo de Vilamarín.



Os nenos do CRA Amencer están facendo no colexio o caderno “O artista nas aulas e os nenos ao museo” sobre a vida e a obra do pintor ourensán Xaime Quessada. Nenos, nenas e profesorado viñeron o día 15 de Febreiro o Pazo de Vilamarín para coñecer in situ as obras do xenial artista. Este caderno foi publicado pola Fundación Xaime Quesada Blanco coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e estase traballando en 14 centros da provincia de Ourense e noutras localidades de Galicia, Ribadavia,Crecente, Ponteareas, A Estrada, Brión…



Todas as fotos aquí

FUNDACIÓN XAIME QUESADA BLANCO, OURENSE, ESPAÑA

Tel: 988225527  

Mail: proyectoversus@gmail.com

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now