Exposición no Museo de Belas Artes da Coruña
Aí atopo eu a maior das confluencias entre os dous Xaimes: na súa aberta opción como artistas cara ás presenzas reais, na súa inspiración nas fontes dunha van- garda inesgotable e nun mesmo talante ecléctico que, lonxe de desdebuxalos como epígonos posmodernos, os singulariza inconfundiblemente.
Certo que, á marxe dos reflexos biográficos (retratos e autorretratos) que na pin- tura de ambos —sobre todo do pai— podemos encontrar, o fillo réndelle esporá- dicas homenaxes, sutilmente embozadas so capa da preferencia por unha determinada cor —penso, por limitarme só a esta exposición de confluencias, no óleo de 1993 Pantera azul— ou a inserción da obra propia nunha serie como a dasPercepciones, pintada por Xaime Quessada Porto nos oitenta. Con anterioridade, saíran do seu obradoiro Percepción amarilla (1975) e logo virá a súa Percepción conceptual (1997). Ao seu aire, Xaime Quesada Blanco, como quen toma o relevo, asinará en 2006 os seus últimos cadros cos títulos de Percepción en azul, Percep- ción sensorial. XIII, Percepción conceptual II, Percepción en amarillos II, e, finalmen- te, Percepción VI.
Do Xaime sénior esta exposición recolle unha cumprida serie dos seus cadros consagrados a un tema que foi motivo central dunha exposición con- xunta, titulada Los Quessada y la música, que en 2004 montou a Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Pero, sobre todo, ambos conflúen nun eclecticismo que encontra nos grandes ar- tistas da revolución posimpresionista inspiracións constantes. E, se o primeiro dos Xaimes se remonta, no tracto das súas afinidades electivas, á pintura italiana e fla- menga do Renacemento, o segundo deles —home, á fin, do seu tempo— abrirá unha liña innovadora que Salvador García Bodaño cualificou con acerto como de «estética cibernética», aquí representada por cadros como Hardware II, Placa base II, Ciber Pop II, Win Zip XV e Win Zip XXI.
Ambos comparten unha mesma inclinación insubornable cara ao expresionismo. Unha das primeiras obras rexistradas de Xaime Quesada Blanco é o óleo Crucifixión, datado cando o pintor andaba polos quince anos. Catro anos máis tarde pin- tará así mesmo a acuarela Paisaje expresionista. Un dos seus artistas preferidos será, daquela, Egon Schiele, o expresionista austríaco morto tamén, coma el, en plena xuventude, e esa preferencia estética, xunto á súa paixón cinéfila, levarao así mesmo a recrear en 1995, co lenzo Metrópolis, o fascinante universo plástico da película de Fritz Lang na que cobra vida o contraditorio gran mito futurista da cidade industrial.
Darío Villanueva
Comentarios