O propósito de exponer unha situación relativa los puntos de confluencia existentes nunca serie de obras de xaime Quessada e o seu fillo Xaime Quesada Blanco procede da constatación ducha realidad latente entre ambos. As especiais circunstancias vividas, a complicidade, a comunicación artística e persoal inciden no traballo dos dous creadores en momentos e tempos diferentes. Esta intensa unión fixo posible o xurdimento dun clima favorable para a creación individual, especialmente no caso de Xaime fillo, quen vive de preto o proceso artístico do seu pai desde neno e que se impregnara da atmósfera envolvente da súa casa paterna do taller de Lucenza, no que tanta enerxía artística se concentra acotío.
Pilar Corredoira
A precocidade foi unha poética que definiu o xenio de moitos artistas e unha paixón sen límites á hora de afrontar o feito creativo, especialmente cando o creador avanza, cunha visión inhabitual, aquilo que se podería esperar del en etapas máis tardías da súa vida. A énfase rimbaudiana non sería máis que unha referencia obri- gada para avalar o precoz na arte, concepto que xorde inevitablemente da necesi- dade e sucumbe ante a idea de descubrimento, o mesmo que logramos converter en desexo, segundo nos refire Carlos Fuentes. Por iso, di o autor mexicano, «inven- tamos o que descubrimos e descubrimos o que imaxinamos. A nosa recompensa final será o asombro». Mais o artista non se debe conformar con descubrir a rea- lidade; quere, seguindo as teses de Fuentes, nomeala, desexala, dicila e lembrala. E cando a fai, desde a apaixonada vocación dos primeiros anos e a converte no exercicio cardinal da súa existencia, a arte é non só unha identidade, senón un xei- to de sentir e de vivir, unha militancia tan arrebatadora como a que definiu a vida de Xaime Quessada Porto (1937-2007) e a do seu fillo Xaime Quesada Blanco (1975-2006). En ambos os dous, o precoz reconduciu as súas obsesións ao mundo da pintura e posibilitou unha metodoloxía de vida rebelde e heterodoxa, que aspi- raba á sinceridade dunha creación que lles pertencese, á marxe dos ditados estéti- cos impostos como paradigmas, en cada momento, co fin de imaxinar un universo tan inconfundible como o que desexaban.
X. Antón Castro
Comments