top of page
Foto del escritorFundacion XQB

Quessada e o seu tempo

De novo en Ferrol con motivo dunha exposición e cun sentimento difícil de explicar. A primeira vez foi acompañando a un crío que estaba nacendo á arte, o meu fillo, nunha das súas primeiras exposicións e hoxe 20 anos despois presentando a exposición do seu pai e compañeiro meu de vida tantos anos, Xaime Quessada. Recibo con inmensa emoción a homenaxe que lle rende Ferrol cunha serie de actos desenvolvidos desde o ano 2016, Ano Quessada, e cuxos motivos quedaron explicitados nas presentacións dos murales, mesas redondas... Teño que agradecer a insistente e paciente dedicación da Asociación Cultural Fuco Buxán, que durante tantos anos loitou por levar adiante esta idea, ao Concello de Ferrol, que a acolleu con gran xenerosidade poñendo ao noso alcance os medios necesarios para que hoxe Xaime non só estea exposto permanentemente no Auditorio, con traballos aos que asistía incondicionalmente convocado polos movementos políticos e sociais da cidade, senón tamén traendo a esta exposición "Quessada e ou seu tempo" unha parte da súa obra onde nos mostra o seu posicionamiento respecto a todo canto representa o atropelo aos dereitos humanos, xenocidios, guerras e todas as consecuencias e a dor causada, dor compartida e que foi en definitiva o que o trouxo a esta cidade no ano 1972 . Tamén conta con toda a gratitude, todas as testemuñas de tanta xente anónima que o coñeceu e arroupou durante o desenvolvemento dos seus traballos solidarios nesta cidade.








13 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page